Hoxe é Xoves 28 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O cuarteto júnior do CPA Arealonga, listo para competir no Mundial de Cesena

patinaxe

O Club de Patinaxe Arealonga viaxa a Cesena para participar na Artistic World Cup Final 2026, que se celebra do 26 de maio ao 7 de xuño na localidade italiana.

A representación do club estará formada polo seu cuarteto júnior, integrado polas patinadoras Daniela Puga Gómez, Martina Álvarez Iglesias e Noa Silva Gonzáles, naturais de Chapela, xunto con Clara Pérez Alonso, de Cedeira.

O equipo realizará os adestramentos oficiais mañá venres 29 de maio e competirá o sábado 30 en sesión de tarde, nunha das citas internacionais máis destacadas da tempada de patinaxe artística. AS patinadoras adestran para chegar nas mellores condicións e medir forzas con potencias como Italia, España e Brasil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará