Hoxe é Mércores 27 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colectivos de Vilar reclaman a posta en valor dos Muíños do río da Preira

muiño horizontal

As asociacións promotoras da iniciativa trasladáronlle ao concello un plan para recuperar, sinalizar e dar visibilidade a este patrimonio mediante a creación dunha ruta dos muíños conectada coa Ruta da Auga, a mellora dos accesos, a limpeza da contorna e medidas de conservación e restauración. Reclaman unha actuación urxente para protexer e evitar a perda “dun patrimonio etnográfico único”.

O Consello Parroquial de Vilar de Infesta presentou ao Concello de Redondela unha memoria para a recuperación, conservación e posta en valor dos muíños do río da Preira, composto por seis muíños tradicionais situados ao longo do río.

A iniciativa reclama actuacións urxentes para evitar a perda dun conxunto patrimonial de extraordinario valor histórico, etnográfico e paisaxístico único e impulsar a súa posta en valor mediante a creación da Ruta dos Muíños de Vilar, conectada coa Ruta da Auga e próxima ao Camiño de Santiago, así como a realización de traballos de conservación e protección que permitan frear o seu deterioro progresivo.

A memoria presentada propón unha intervención progresiva por fases, comezando cunha actuación urxente centrada na limpeza dos accesos, a recuperación da contorna dos muíños, a protección fronte ao deterioro e a creación dunha Ruta dos Muíños de Vilar conectada coa actual Ruta da Auga. O percorrido, de aproximadamente 1,5 quilómetros, permitiría facer visibles uns elementos patrimoniais hoxe practicamente descoñecidos para boa parte da poboación.

Entre as actuacións propostas destacan a sinalización da ruta e de cada un dos muíños, a instalación de paneis interpretativos, a mellora dos pasos sobre o río mediante poldras, a recuperación dos accesos e a protección das estruturas fronte ao deterioro provocado polo abandono.

Desde o Consello Parroquial considérase que esta actuación non debe entenderse unicamente como unha mellora paisaxística ou turística, senón como unha responsabilidade coa memoria colectiva, coa identidade da parroquia e coa conservación dun patrimonio que pertence ao conxunto da veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará