Hoxe é Xoves 21 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Atlético Villar coroa unha tempada histórica con ascenso e título de liga

WhatsApp Image 2026-05-20 at 19.30.12

O Atlético Villar conseguiu o ascenso matemático a Segunda hai semanas e proclamouse campión de liga, un fito que non se alcanzara nos 57 anos de historia do club. O equipo, adestrado por Denis, pechou unha campaña memorable na Terceira con 77 puntos (24 vitorias, 5 empates e só 3 derrotas).

Denis asegura que “a tempada quedará marcada na historia do club”. O obxectivo inicial era volver a ascender, pero unha vez asegurado o grupo e a afección puxéronse como meta o campionato. “A tempada comezou moi ben, con moita unión. Gañabamos partidos e collíamos forza. As vitorias parecían caer soas, pero hai moito traballo detrás”.

O Atlético Villar é un club con xogadores fieis e que a maioría forman parte da entidade desde hai anos. “A metade ou máis da plantilla son xogadores con moito arraigo. Senten as cores, traballan no campo, o arranxan entre todos e mesmo algúns forman parte da directiva”. Toda esa implicación transmitiuse á afección, que tamén vive o Atlético Villar como algo propio.

A nivel colectivo o Villar destacou pola súa solidez. Remataron como o equipo menos goleado da categoría con só 33 goles encaixados. Na primeira volta baseáronse na defensa, mentres que na segunda volvéronse máis ofensivos.“Moitos equipos marcaron máis goles, pero nós eramos un equipo moi sólido que traballaba moito en defensa. Gañar partidos sufrindo pola mínima tamén ten moito mérito”, defende.

O técnico recoñeceu que a Segunda Galicia será un reto moi superior. “Vai ser unha liga moi dura. Pode haber arrastres o que pode supor moitos descensos. Haberá que quedar polo menos décimo para salvarse”.

Aínda así, Denis non quere poñer obxectivos concretos ata falar co club. “Sería bonito competir e loitar por quedar arriba. O club nunca pasou dunha Segunda Rexional, pero na última década estivo varias veces nela. O ano pasado estivemos na categoría e cos recursos que temos manterse xa sería un éxito”.

Este sábado 23 de maio o club organizará unha gran festa no campo de San Martín a partir das 17:00 horas da tarde con antigos xogadores, a afección, os cadetes e un ambiente festivo para celebrar o ascenso e o título. Terá lugar tamén a entrega por parte de representantes da Federación Galega do trofeo que os acredita como campións de liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará