Hoxe é Venres 10 de Outubro de 2025

Redondela e Pazos de Borbén fan un chamamento ao uso responsable da auga ante a seca prolongada

63313145Master

Os concellos de Redondela e Pazos de Borbén lanzaron avisos urxentes á cidadanía para promover un consumo responsable da auga, nun contexto marcado por meses sen chuvias e coa previsión meteorolóxica sen precipitacións a curto prazo. A situación dos encoros e a baixada de caudais en ríos, como no caso de Moscoso en Pazos, pon en alerta a ambos municipios, que instan á poboación a extremar a precaución.

En Redondela, o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, mantén contacto permanente con Aqualia para supervisar o estado dos encoros. Aínda que polo momento non hai restricións na rede de abastecemento municipal, algunhas comunidades de augas particulares en varias parroquias xa presentan limitacións. O Concello está preparado para apoiar estas zonas co suministro de camións cisterna se fose necesario. “Facemos un chamamento á responsabilidade no uso da auga, non só nesta época, senón durante todo o ano”, destacou Álvarez.

Pola súa banda, en Pazos de Borbén, o Concello detectou un incremento no consumo de auga na zona do Mosteiro, o que levou a intensificar as revisións e reparacións na rede municipal. O alcalde, Luciano Otero, advertiu da especial precaución necesaria en Moscoso, onde o abastecemento depende do río, cuxo caudal descendeu significativamente. “Estamos traballando para solucionar incidencias, pero necesitamos a colaboración de todos para evitar problemas no subministro”, sinalou Otero. O Concello solicita á veciñanza que informe de inmediato sobre calquera fuga ou incidencia na rede para actuar con rapidez.

Ambos municipios coinciden en alertar sobre a gravidade da seca, agravada pola ausencia de chuvias durante meses e a falta de previsións de precipitacións. Dende Redondela e Pazos de Borbén, insístese en que a colaboración cidadá é clave para garantir o abastecemento de auga en todas as vivendas, facendo un uso racional e responsable deste recurso esencial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: