Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa ao goberno de “chanchulladas” e o PP pídelle “valentía” para sacar a Rivas da alcaldía

bng pleno

Os populares consideran “inaudito” que o voceiro nacionalista revele que o edil de AER está a asinar facturas á empresa dun ex concelleiro da súa formación e da que outro integrante foi apoderado ata 2023 sen que iso teña ningunha consecuencia política. Por ese motivo, o popular Javier Bas esíxelle ao BNG que “sexa valente e obrigue a cambiar de inmediato o nefasto goberno local”.
Os populares engaden que “se o BNG votou a favor da formación dun goberno que di que é corrupto, tamén ten a responsabilidade de acabar con el”. Unhas afirmacións que chegan logo de que o edil nacionalista revelara diante de toda a corporación que o concelleiro de AER e membro do executivo, Roberto Villar, está a asinar facturas á empresa da que é comercial un ex representante municipal desta formación e da que o voceiro deste partido formaba parte como apoderado ata agosto de 2023.
“As acusacións do BNG incluíron cualificativos como chanchulleiros e consentidores e son dunha gravidade extrema” afirma Javier Bas, quen insiste en que é inaudito que o Bloque faga estas afirmacións sen esixir nada, malias que os seus votos son decisivos para manter este goberno”.

Declaracións da polémica

Javier Bas elevou a gravidade do asunto xa que o mesmo Xoán Carlos González asegurou textualmente na sesión plenaria que se estas prácticas as fixese o PP estarían a falar de corrupción, “polo que teñen dúas varas de medir e, se actúan en consecuencia, teñen que ir ao xulgado ou cambiar o rumbo do Concello porque se o BNG votou a favor da formación dun goberno que, segundo as súas palabras, é corrupto, teñen a responsabilidade de acabar con el”.
Finalmente, preguntouse ata cando vai seguir permitindo o BNG esta situación ou se simplemente está tentando “que non lle salpique o descrédito e a mala imaxe do goberno que eles mesmos colocaron”, porque dá a sensación “que se trata dunha nova pataleta política para, cando sexa necesario, volver a ser servís co goberno de Digna Rivas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará