Hoxe é Luns 19 de Maio de 2025

Un coche calcinado en Chapela

lume vehículo

O incendio, que se rexistrou ás 11:45 horas deste mércores, deixou o vehículo completamente calcinado e obrigou á intervención dos bombeiros do Baixo Miño así como da Policía Local, Policía Nacional, emerxencias de Mos e protección Civil de Redondela.

Un vehículo quedou completamente calcinado no Camiño da Avispeira, rúa que se atopa entre os barrios de Riofrío e Cidadelle en Chapela. O incendio, que se rexistrou contra as doce do mediodía de onte, obrigou a intervención dos servizos de emerxencias que lograron sufocar as lapas, malia que o interior do coche quedou destruído.

Todo apunta a un problema eléctrico, xa que foi o propio propietario do vehículo o que chamou ao 112 logo de comprobar que comezaba a saír fume do motor e comezaba a arder.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: