Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jay and Smoking Machines presentan “Evil Eye” cun concerto no pub Aquelarre

470236912_496714023422641_5801287503275045728_n

A banda Jay and Smoking Machines presentou recentemente o seu agardado primeiro álbum, titulado Evil Eye. Este traballo, xa dispoñible en todas as plataformas dixitais, reflicte a mestura de influencias que caracterizan o seu estilo, que abarca o blues de Nova Orleans, o swing, o jazz e o rock dos anos 50. Aínda que a súa base está en Redondela, a banda está composta por Jay, orixinario de Holanda, e os redondeláns Lui e Alberto, dous músicos cunha ampla experiencia no panorama.

Jay and Smoking Machines consolidaron a súa sonoridade durante a súa xira por Ámsterdam e Galicia en 2024, experiencia que, segundo os propios membros da banda, axudou a reforzar a súa presenza no directo.  A gravación de Evil Eye seguiu un proceso fiel ao estilo da banda, mantendo a autenticidade do seu son. Aínda que hoxe en día as gravacións se realizan a partir de partes separadas para cada instrumento, Jay and Smoking Machines optaron por un enfoque máis tradicional, que simula a dinámica dun directo. Nese proceso, engadíronse posteriormente os arranxos e os elementos adicionais, o que lles permitiu capturar a enerxía “viva” que os caracteriza.

“Gravamos con Isaac Millán na Casa dos Músicos en Xustáns”, Cuchi.

O nome do disco, Evil Eye, fai referencia á popular expresión  “mal de ollo“, que evoca a idea dunha mirada cargada de mala sorte. A banda tamén revela que é unha forma artística de reinterpretar unha historia de amor fugaz que viviu Jay cando, nunha festa en Pazos de Borbén, se viu cativado pola mirada dunha moza. A través deste título queren explorar a sorte e as sorpresas que a vida nos depara en momentos inesperados.

“As letras narran cousas que me pasan e reflexan a miña experiencia vital”, Jay.

A banda, ademais de ofrecer o seu disco nas plataformas dixitais, está a traballar nunha edición en vinilo para os máis nostálxicos e apaixonados polo son analóxico. Este enfoque reflicte o seu espírito de priorizar a música sobre a estética, un principio que tamén se pode ver na portada do álbum. A imaxe, protagonizada por unha motocicleta, xurdiu de maneira completamente natural e por casualidade, sen forzar ningún concepto visual, mantendo así a autenticidade que caracteriza ao grupo.

“ A moto é a mesma que conducía o meu avó e na que me levaba ao centro de Redondela cando era pequeno”, Cuchi.

Este primeiro traballo da banda está a ser moi ben recibido polos seus seguidores e promete consolidar a súa proposta na escena musical. O seu directo no Pub Aquelarre, onde presentarán o disco este sábado 8 de febreiro ás 22:00 horas, será unha boa oportunidade para coñecer a evolución e a consolidación do grupo que irá anunciando máis datas ao logo do ano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará