Hoxe é Mércores 18 de Xuño de 2025

Charla sobre atención á diversidade a cargo de Esther López Carbajales

esther

A Federación de ANPAS de Redondela organiza este xoves ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira unha charla sobre educación inclusiva e atención á diversidade a cargo da Médica especialista en medicina familiar e comunitaria e presidenta da Asociación galega de dislexia,  Esther López Carbajales.

A iniciativa está orientada a educadores e familias que coñecerán todo o que precisan saber sobre os dereitos dos seus fillos e fillas á hora de contar con protocolos axeitados as súas necesidades específicas no caso de precisaren apoio educativos.

Explican dende a Federación que a atención á diversidade é o conxunto de medidas e accións que teñen como finalidade adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais de todo o alumnado. Neste sentido é esencial que as familias coñezan os seus dereitos e que os equipos docentes entendan que cada alumno aprende de forma diferente e que, en ocasións, deben aplicar medidas que atendan á diversidade que existe dentro da aula. Con iso poderíase evitar o fracaso escolar e as consecuencias negativas que a falta de aplicación destas medidas ten no correcto desenvolvemento académico e emocional dos nosos mozos.

Lembran que aínda hoxe en día unha familia con nenas ou nenos con necesidades específicas de apoio educativo (ACNEAE), ten que estar constantemente chamando a todas as portas para procurar a atención que precisan polo que dende  Federación de Anpas demandan uns protocolos para a atención a esta diversidade que repercuta nun beneficio para todos e nunha sociedade máis igualitaria e xusta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio stream metadata in not available.
Radio Redondela
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: