Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ruta para coñecer o Rande mariñeiro, industrial e histórico

RoteiroRande

A ponte de Rande, que une as dúas beiras da ría de Vigo, é unha icona tanto para os residentes dos municipaios veciños como para os milleiros de persoas que a cruzan a diario. Máis descoñecidos son os tesouros que se agochan baixo esa ponte no litoral redondelán. A creación do museo Meirande permitiu a posta en valor de parte da súa historia e a súa contorna, un enclave natural privilexiado dentro da enseada. Os que queiran coñecer mellor este enclave teñen unha excelente oportunidade este domingo, día 27. Dentro da programación Roteiros con Historia a conellería de Turismo ofrece a excursión “Percorrendo Rande”, unha ruta guiada organizada por Noso Cooperativa. Sergio Pereira, guía do roteiro, explica que os participantes poderán ver a ponte “desde unha perspectiva para moitos inédita, que é desde abaixo”. Tamén destaca o patrimonio industrial, histórico e mariñeiro de Rande con elementos como os cargadoiros de mineral, o ferrocarril, o antigo castelo e o propio núcleo mariñeiro de Rande.

Sergio Pereira, de Noso Cooperativa, que organiza a ruta guiada.

O roteiro partirá ás 10.00 horas da explanada de Duches para facer un percorrido de 3 quilómetros cunha duración aproximada de dúas horas. No traxecto os expertor analizarán a transformación de Rande a través dos anos, desde o barrio mariñeiro que aínda se conserva ata os elementos industriais que foron xurdindo ao redor del co paso das décadas.

Rande mantén o súa configuración mariñeira malia construción da ponte e os elementos industriais

Para participar no roteiro non é necesario inscribirse previamente, tan só achegarse á explanada de Duches á hora da actividade. O roteiro é apto para público de todas as idades, e recomendan levar roupa e calzado cómodo e algo de auga. Máis información no enderezo roteiros@nosocoop.com ou a través do whatsapp no 613 005 844.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará