Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As sardiñas e o churrasco protagonistas das festas de Chapela

Festas de Chapela 2023

O Círculo Cultural Recreativo de Chapela celebra esta fin de semana a Festa da Sardiña e a Churrascada Popular no paseo marítimo de Cardona. Unha dobre cita, xa habitual dentro das festas da parroquia, coa que conmemoran o 56 aniversario do colectivo cun bo xantar e música.

O sábado, 26 de agosto, o paseo marítimo de Chapela acolle a partir das 19:00 horas a Festa da Sardiña. O socios do C.C.R. que desexen participar poden retirar o seu vale na cantina da asociación, que lle da dereito a un quilo de sardiñas e pan, totalmente de balde.  Para os que desexen un quilo adicional, ou os que non sexan socios, o prezo é de 10 euros. Segundo explica Emilio Sánchez, membro fundador do círculo cultural, as actividades desenvolveranse nunha carpa instalada no paseo marítimo da parroquia. A partires das 20.00 horas amenizará a festa o grupo local O Faro da Guía.

E o domingo, día 27, segue a festa coa Churrascada Popular coa que celebran o 56º aniversario do C.C.R., a partir das 14.00 horas. Os vales tamén poden retirarse na cantina da agrupación e ofrece unha ración de churrasco, criollo e media botella de viño por persoa a 12 euros. Para os máis pequenos e pequenas haberá un menú infantil que inclúe refresco e ten un prezo reducido de 8 euros. A partir das 16:00h contarán cun grupo “para poñer a todo o mundo a bailar”.

O ano pasado venderon 200 kilos de sardiñas e asistiron 250 persoas á Churrascada Popular, uns datos que esperan superar e que “máis xente coñeza ao colectivo veciñal, Chapela e as súas festas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará