Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O verán do ecoturismo en Redondela

kaiak-san-simon-7-3

O mes de agosto en Redondela caracterízase por un extenso programa de roteiros e actividades vencelladas co medio ambiente que se van desenvolver ao longo do mes. Unha veintena de actividades entre as que se inclúen paseos polo litoral, saídas en bicicleta, rutas nocturnas e paseos en caiac así como propostas de turismo mariñeiro en colaboración con Amarturmar.

A intención é poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do turismo, así como educar en sustentabilidade e respecto polo medio ambiente. Unha das docentes e guías deste programa, Ana Vázquez de Alecrín Actividades e Aventura, considera que a Enseada de San Simón “é un recurso con moitísimas posibilidades”, motivo polo que se propón como punto de inicio a tódalas actividades.

Redondela é un municipio moi vencellado ao mar e ás veces descoñecemos todos os recursos que nos pode ofrecer. A técnica destaca que “a xente que participa sorpréndese da vida e as especies animais que ofrece a enseada, porque descobren elementos que non sabían que estaban alí”.

O material necesario é de balde, xa que o Concello dispón de bicicletas e cascos para quen o precise e as empresas contratadas tamén achegan parte do material, como as canoas para o Kaiak. Tampouco é necesario un nivel físico alto, podendo participar xente de todas as idades.

Esta fin de semana a programación continúa cunha ruta pola Praia de Cesantes, o sábado 12 de agosto. O domingo 13 de agosto terá lugar unha ruta polo Porto e Punta de Cesantes co punto de encontro no Porto de Cesantes. Xa de cara a semana seguinte, o Luns 14 de agosto haberá unha ruta nocturna tamén pola Praia de Cesantes para observar as especies que oculta a noite redondelá e o xoves 17 continúa a actividade de Kaiak medioambiental pola Enseada de San Simón. Moitas das datas xa teñen as prazas cheas ou con lista de agarda, pero aínda hai posibilidades de apuntarse a algunhas das opcións.

 A inscrición debe facerse na oficina de turismo, no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará