Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Carballo das Cen Polas acolle o III Reboreda en Jazz

Jeff Spinoza2

Jeff Espinoza & The Gypsy Runners forman parte da edición deste ano

A agrupación redondelá Retroblues, a formación coruñesa Alfredo García trío e Jeff Espinoza & The Gypsy Runners son os artistas que participarán este sábado na terceira edición do Reboreda en Jazz. A finca do Carballo das Polas acollerá este certame, un espazo natural moi acaído para este tipo de concertos e cunha acústica “escepcional”, como explica Javier Sotelo Waidele, organizador do festival. Ademais das bandas, o Reboreda en Jazz contará tamén este ano cun inchable para os máis pequenos, ademais do servizo de cantina.

Javier Sotelo Waidele, da organización do Reboreda en Jazz

A escolla dos grupos realizouse dando cabida tamén aos músicos locais e contemplando o jazz “nun sentido amplo”, sinala Waidele, para favorecer tamén a participación do público.

Waidele fálanos dos grupos participantes

O espazo onde se realiza a festival pertence á Xunta de Galicia, e está xestionado polo Xacobeo. Desde a SLC de Reboreda lamentan que este emblemático espazo para a parroquia non sea posto en valor pola Xunta de Galicia, e que o proxecto para crear un auditorio ao aire libre “quedara nun caixón”, xa que podería facerse un espazo “similar ao auditorio vigués de Castrelos, pero máis pequeno”.

A SLC de Reboreda lamenta que a Xunta non materialice un auditorio ao airte libre neste prado

O III Reboreda en Jazz comezará este sábado, día 12 de agosto ás 20.00 horas. Está organizado pola Sociedade Labrego Cultural de Reboreda e o Concello, e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a concellería de Cultura de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará