Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O club de patinaxe de Soutomaior prepárase para o campionato de España

WhatsApp Image 2023-03-21 at 13.48.47

O Club de Patinaxe Artístico de Soutomaior vén de acadar o terceiro posto no Campionato Galego Grupo Show 2023 celebrado no pavillón vigués de As Travesas. Alí, presentaron unha coreografía na categoría de Grupo Show Grande inspirada nunha banda de gánsteres o que lles valeu para clasificarse no Campionato de España.

O club CPA de Soutomaior leva 5 anos participando no campionato galego, conseguindo clasificarse por primeira vez para o Campionato Español de Grupos Show. Carla Rodríguez, unha das patinadoras veteranas do club, explica que tanto ela como as súas compañeiras “están moi emocionadas” e aínda que “non quedaran de primeiras no campionato celebrado en Vigo, no campionato nacional participas coas mesmas oportunidades e ao mesmo nivel que todos os grupos clasificados”, polo que sempre hai posibilidades de traer a casa o título de campioas de España.

O grupo está formado por 18 patinadoras e este ano presentaron unha coreografía chamada “O prezo da traición” que trata sobre unha banda de gánsteres baseada na serie de televisión Peaky Blinders. As partes que máis valoraron os xuíces na súa peza foron a técnica de grupo e a coreografía.

O CPA de Soutomaior enfrontarase esta fin de semana a equipos de toda España, algúns deles con títulos de campioas do mundo. Tamén participan outros 5 grupos galegos entre os que se atopa o CPA Condado de Salvaterra, o CPA Ribex de Tui, CP Porriñoe e o CP Axel de Arteixo.

O Campionato Español de Grupos Show celébrase en Barcelona os días 24, 25 e 26 de marzo onde participarán en distintas categorías dous grupos da zona, o CPA Soutomaior e o CPA Arealonga de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará