Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER insta ao goberno a adquirir un vehículo de emerxencias para o SEIS

seis redondela

A Agrupación presentará no próximo Pleno, o xoves 30 de marzo, unha moción e un estudo de custes para “paliar as deficiencias actuais dun servizo vital para a seguridade da veciñanza”.

Explica a Agrupación que Redondela, ao ser o cuarto concello máis poboado da provincia, con 29.000 habitantes, está obrigado, por lei, a contar cun servizo axeitado ás necesidades da súa poboación e denuncian que se estean “a facer convenios supramunicipais para incendios forestais que non cobren correctamente as emerxencias do municipio provocando que o tempo de resposta ante unha chamada de emerxencia sexa superior aos 20 minutos”. Segundo AER, “Na actualidade, o SEIS cubre só as situacións de emerxencia que suceden no municipio de luns a venres e en horario de mañá cunha chegada ao sinistro de entre dous e dez minutos, moito máis efectiva que cando operan os servizos supramunicipais”. 

Critican que os gobernos de Javier Bas e Digna Rivas “tentaran por todos os medios suprimir ou fusionar con medios autonómicos e provinciais o servizo do SEIS deixando baixo mínimos este departamento, formado na actualidade só por tres persoas, e sen renovar os seus vehículos”. Dende AER “consideramos que o SEIS é un servizo efectivo para a seguridade da veciñanza, que simplemente precisa dun aumento de persoal e de medios, unido a un convenio serio coa cidade de Vigo, para cubrir as emerxencias vitais ou grandes incendios que puideran suceder no casco urbano”. 

Calculan que o investimento total sería de 200.000€ propoñendo que se adquira un vehículo

“tipo furgón 4×4 carrozado como FSV,de gran versatilidade, con capacidade para o almacenamento de todo tipo de materiais, como os destinados ao rescate en accidentes de tráfico, rescate acuático, apuntamento de estruturas, equipos de alta presión, e demais material hidráulico para a extinción de incendios”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará