Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Soutomaior manda na Segunda Galicia

soutomaior

Os equipos comarcais que militan na Segunda Galicia viviron unha xornada de triunfos con vitoria tanto para o Soutomaior como para o Cesantes.

Soutomaior 5-2 Combarro

O Soutomaior segue no máis alto do grupo e agrandando a distancia sobre o seu inmediato perseguidor, o Marcón. Nesta ocasión vitoria contundente po 5-2 ante o Combarro. A volta das vacacións do Entroido, o equipo xogará contra un rival potente, o Bueu, terceiro do grupo, nun partido fóra da casa

Cesantes 3-0 O Grove

Vitoria para o Cesantes nun partido a priori doado, xa que recibían ao último do grupo, o Grove. 3-0 foi o resultado dun partido que deixa aos de Cesantes nunha cómoda novena posición de cara ao próximo partido, Xogarán no campo dun dos equipos fortes do grupo, o Marcón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará