Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase as alcaldías do PSdeG  para esixir á Xunta que aprobe a declaración de emerxencia ante temporais

TEMPORAIS XUNTANZA 12.01.2023

Os estragos causados polos temporais do pasado Nadal na provincia de Pontevedra esixen dunha resposta inmediata por parte dunha Xunta de Galicia que non pode seguir eludindo as súas competencias.  Así o acordaron os alcaldes e alcaldesas e tenentes de alcalde/sa dalgúns dos concellos máis afectados, reunidos onte en Tui nun “cumio” organizado polo secretario xeral provincial, David Regades, e a presidenta do PSdeG, Carmela Silva. Regades, secretario xeral provincial, reclamou que a Xunta “deixe de botar balóns fóra” e declare de inmediato a situación de emerxencia de interese galego, é dicir, da figura legal que ampara o reparto das axudas directas tanto á veciñanza como aos concellos.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, xunto cos seus homólogos, destacaron que tan só en 2016 a Xunta aplicou esta previsión da Lei de Emerxencias para repartir axudas para paliar os danos da vaga de lumes, pero daquela as subvencións foron moi escasas, pouco transparentes e chegaron a moi pouca xente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará