Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela realiza unha limpeza integral das zonas máis concorridas de Chapela

Limpeza rúas de Chapela

O Concello de Redondela limpa as zonas máis concorridas de Chapela, con medidas e equipos de reforzo de hidrolimpeza para eliminar o verdello e baldear as rúas e edificios. Un proceso que “sería moito máis satisfactorio se a Xunta de Galicia fixerase responsable de  humanizar as beirarrúas e estradas, abandonadas dende fai anos e que son competencia directa da administración”, engade a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

A rexidora local denuncia que “as obras da primeira fase da humanización da avenida de Vigo, ao seu paso polo tramo comercial do núcleo urbano de Chapela, comezou a principios de abril de 2017. A día de hoxe seguimos esperando pola resolución da Fase 2 e 3 da humanización da avenida de Vigo, parada dende fai máis de 4 anos”.

A limpeza consistiu en baldeo e saneamento de beirarrúas e camiños. O equipo de limpeza e xardinerería especializado utilizou hidrolimpiadora de gran potencia para limpar de forma respetuosa co entorno. As zonas xa rematadas corresponden, en Chapela de Arriba, á zona do Centro de Saúde  continuando toda a Av. Redondela; en Chapela de abaixo comezaron a limpeza na Av. de Vigo, dende o Alto da Encarnación ata Catro Pontes, ademais da baixada de San Telmo que vai para Arealonga chegando á praia. Cabe destacar a limpieza de escaleiras e accesos tanto á praia como a San Telmo como O Camiño da grila, Camiño do Arce e o Camiño Baliza.

De cara o verán a idea é  continuar a limpieza dende a Praia de Arealonga cara o o Paseo de Cardona no Porto de Chapela, zonas moi concorridas nos meses estivais. Esta actuación levábase anos sen facer e únese a outras xa acometidas no municipio coa intención de ofrecer un servizo e transformar a vila nunha urbe máis afable coas persoas, como quedará demostrado coa Praza de Ponteareas e as obras que se están a levar a cabo na Picota”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará