Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

3 vitorias e 3 derrotas para a selección galega na segunda xornada do CESA 2023

thumbnail_DSC_8054

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2023 celébrase en Alacante do 3 ao 8 de xaneiro. Dentro da selección galega hai 7 deportistas redondelás das categorías base. Concretamente da SAR contamos con 2 xogadoras en infantil feminino, 3 xogadoras en cadete feminino, unha xogadora do xuvenil feminino. Ademais tamén participa  un xogador do Balonmán Chapela na categoría  infantil masculina.

A selección galega infantil masculina xa conseguiu na segunda xornada a clasificación para os cuartos de final. O equipo dirixido por Adrián Menduíña enfrontouse a  Catalunya e sumou a segunda vitoria en dous días. Cun resultado de 26 – 19, en favor de Galicia. Ademais, hai que destacar os triunfos dos combinados cadetes, masculino e feminina, que volveron a facer un gran traballo para así garantir a súa clasificación para a fase de ascenso ao Campionato de España.

O equipo da selección cadete feminina gañou fronte a Murcia . O resultado foi aplastante, 40-18 . O rival era máis complicado que o de onte, pero Galicia defendeu a un altísimo nivel. Nos primeiros minutos, estiveron un pouco máis atascadas en ataque, pero se mantiveron no choque grazas a defensa .

Cun resultado de  31 – 39, a selección cadete masculina conseguía arrincar a vitoria a Cantabria, un rival duro. O combinado dirixido por César Armán é un grupo moi forte, no que todos aportan e onde se poden facer cambios sen que se resinta o equipo e iso foi decisivo. A estratexia foi buscar o desgaste. No aspecto ofensivo destacou Iago López con 13 tantos.

Pero non todo foron alegrías. Perderon os dous conxuntos xuvenís. O feminino no Campionato e o masculino en Copa; Así como a selección infantil feminina, que a pesar da derrota xogará a fase de ascenso, como mellor segundo.

O equipo Infantil feminino loitou contra Cantabria, perdendo 22 – 18. Un mazazo para a selección galega infantil feminina que caeu derrotada no segundo partido da Copa ante Cantabria, nun choque no que os erros en ataque foron claves. A pesar de todo, acadaron a clasificación para a fase de ascenso como mellor segundo clasificado da Copa.

A selección  Xuvenil feminina enfrontouse a Catalunya cun resultado nun partido que perderon por  9 goles (Galicia, 29 – 38, Catalunya). Unha derrota que deixa case imposible a posibilidade de continuar no Campionato. Mañá teñen un partido contra Euskadi en busca dunha vitoria que lles permita continuar no campionato.

Un moi Partido axustado foi o que viviu onte a selección xuvenil masculina. Perderon contra Asturias por 2 puntos (26-24). Na primeira parte Galicia foi moi superior a Asturias, e na segunda chocou unha e outra vez contra a defensa asturiana. Así, Galicia quedou sen opcións para loitar polo ascenso ao Campionato, a pesar de que aínda falta unha xornada. Mañá xogan contra Aragón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará