Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

7 deportistas redondelás participan no Campionato de Seleccións Territoriais de Balonmán

thumbnail_grupo

O CESA 2023 celébrase en Alacante do 3 ao 8 de xaneiro, onde equipos de todas as eleccións autonómicas compiten para gañar a copa. En total, na primeira xornada, os equipos galegos tiveron un resultado de 5 triunfos e unha derrota.

O mellor partido do día foi o realizado pola selección galega infantil masculina ante Castela a Mancha, cun resultado de 32 fronte a 15. O única derrota ata o momento foi  contra o Navarra. O equipo xuvenil feminino conseguiu un resultado de 24-38.

Dentro da selección galega temos 7 deportistas redondelás das categorías base. Concretamente da SAR contamos con 2 xogadoras en infantil feminino, 3 xogadoras en cadete feminino, unha xogadora do xuvenil feminino. Ademais tamén participa  un xogador do Balonmán Chapela na categoría  infantil masculina.

Hoxe continúan os partidos pola tarde. ÁS 18 horas xogan o equipo Infantil masculino de Galicia contra Catalunya e o Xuvenil Masculino contra Asturias á mesma hora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará