Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un mozo de 26 anos ameaza cun coitelo aos seus pais no domicilio familiar en Cesantes

323864217_625828442876548_6607292545604940026_n

O ano comeza intenso para a policía local de Redondela que tivo que atender o primeiro suceso de 2023 o día 2 de xaneiro. Un varón de 26 anos, veciño de Cesantes, foi arrestado por un presunto delito de violencia doméstica, e  ameazas graves, logo de ameazar aos seus país cun coitelo causando desfeitas no domicilio familiar onde reside con eles.

Foi o pai o que alertou á comisaría de Redondela por non poder conter a violencia exercida polo mozo contra eles. Os axentes, seguindo o protocolo habitual acudiron ao domicilio para proceder o arresto. Unha vez baixo custodia das autoridades redondelás o trasladaron ao centro médico para un control rutinario e pouco despois pasou a disposición xudicial, unha vez instalado na comisaría López Mora.

Durante a disputa ninguén resultou ferido de gravidade e será a xuíza a encargada de decidir cando sae do calabozo e os cargos que se lle imputan.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará