Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A choiva non puido parar a  “Festa Infantil de Fin de Ano” 

FOTO Pre-Fin de ano infantil Redondela

A Festa de Fin de Ano Infantil de Redondela tivo que adaptarse ás condicións meteorolóxicas. O Concello de Redondela tiña preparado un plan B no caso de que a choiva impedira celebrar o fin de ano para nenos e nenas no exterior.

A Praza da Constitución en Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de Chapela eran as localizacións iniciais para o día 31, pero finalmente trasladaron o escenario ao Multiusos da Xunqueira. No caso de Chapela instalaron unha carpa na Alameda de Rosalía de Castro.

A carpa xa instalada no campo da feira de Redondela non podía usarse por cuestións de loxística. A Praza de Abastos necesitaba o espazo de aparcamento para facilitar as compras de fin de ano. “O sábado era un día importante para o mercado de Redondela e tiñamos que facilitar o seu traballo, por ese motivo decidimos trasladar a festa dos cativos e cativas cara o Multiusos da Xunqueira”, explica a alcadesa Digna Rivas.

A Coca Simona  esperou ás 11 horas na Praza da Constitución para dirixir as persoas cara o lugar indicado e que ninguén se perdera o evento. No multiusos estaban esperando Uxía Lambona e a Banda Molona , xunto co Pallaso Fifo de troula animación quenes foron os encargados de dar as campanas. Durante o concerto, ás 12:00 horas da mañá os nenos e nenas simularon as campanadas xunto cos animadores e comeron 12  lacasitos en lugar de uvas. A pesar do mal tempo a festa non parou e a rapazada encheu as salas.

A festa de Chapela trasladouse a carpa instalada na Alameda de Rosalía de Castro e, como complemento, o tren de nadal estivo percorrendo a zona do 28 ao 31 de decembro. Tanto a festa como o Tren de Nadal estaban cheos nos dous centros urbanos do municipio, unha iniciativa que dende o concello “consideran todo un éxito”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará