Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela realiza unha limpeza integral do Casco Vello

limpeza rúas

Unha vez rematadas as limitacións do uso da auga pola seca xeneralizada, o Concello comezou no casco vello un proxecto de limpeza que se estenderá as áreas máis concorridas do municipio, como a Alameda de Castelao ou a zona de Vila Vella para seguir en Chapela.

As actuacións de limpeza estanse a realizar con equipos de reforzo de hidrolimpeza para eliminar o verdello e “baldear o casco histórico tratando devolverlle a súa beleza e valor patrimonial sen danalo”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

 O equipo de limpeza e xardinaría especializado utilizou hidrolimpiadoras de gran potencia para limpar respectando a pedra e os edificios históricos. As zonas xa rematadas corresponden a Rúa da Prata, Rúa da Leña, Rúa Calella de Don Basilio, Rúa das Regateiras. Ademais das escaleiras colindantes entre a Rúa Picota, Rúa da Leña e Regateiras; e as escaleiras entre a Rúa Ribeira e a Rúa Leña.

Esta iniciativa ten como obxectivo “adecentar o casco antigo para o goce e uso dos veciños e veciñas de Redondela, ademais de previr os efectos das choivas de outono que tenden a gastar e envellecer a pedra”, sinala Rivas.

Esta limpeza e baldeo continuará na zona da Alameda de Castelao, Vila Vella, pasando pola Rúa Regojo, Rúa Alfonso XII, Rúa General Rubín e a Rúa de Ribadavia.

A rexedora local lembra que “este Goberno aposta polo benestar dos veciños e veciñas. Esta actuación levábase anos sen facer e únese a outras xa acometidas no municipio coa intención de ofrecer un servizo e transformar a vila nunha urbe máis afable coas persoas, como quedará demostrado coa Praza de Ponteareas e as obras que se están a levar a cabo na Picota”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará