Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP cualifica de “intolerable” que o Concello non pagara as axudas de comedor a estas alturas do curso

comcedor escolar

Aseguran que hai familias que se viron obrigadas a sacar aos seus fillos do comedor “porque non poden pagalo” e insisten en que “75 días despois de que se pechara o prazo para pedir as axudas do comedor escolar e tres meses dende que comezara o curso” non se pode entender o atraso para abonar estas axudas tan necesarias para as familias.

“O atraso co que se convocaron as ‘bolsas’ de comedor deste ano (o prazo de solicitude abriuse a finais de agosto e pechouse dúas semanas despois do comezo do curso) xa apuntaban a que habería un atraso no pago das mesmas, pero chegamos a unha situación intolerable”, denuncia o portavoz municipal do Partido Popular, Iván Crespo.

Decenas de familias redondelás que cumpren os requisitos da convocatoria seguen sen saber, a tres semanas das vacacións de Nadal, se obtiveron as axudas e, por iso, “moitas delas víronse obrigadas a sacar aos seus fillos do servizo de comedor ao non poder pagalo”.

O problema agrávase, engade o portavoz popular, ante a circunstancia que non son poucos os estudantes para os que a do colexio é a única comida completa que fan ao día todo o día, polo cal a resolución destas axudas tería que ser “prioritaria” para o goberno local, aínda máis ante o aumento do prezo dos produtos de primeira necesidade, empezando pola cesta da compra.

Para Crespo é “indecente e vergoñoso” que Digna Rivas e a súa concelleira de Política Social, consintan esta situación e sigan “maltratando e ignorando” desta maneira ás veciñas e veciños que máis necesitan a protección e o amparo do Concello: as nenas e nenos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará