Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O circo de Nadal regresa a Vigo da man do redondelán Xandre Vázquez

circo de nadal

O Circo de Nadal, instalado na rúa Castelao xunto ao Alcampo de Coia, abre as súas portas este mesmo venres baixo a dirección da clown viguesa Isa Belui e a produción do redondelán Xandre Vázquez. Un espectáculo completamente renovado con artistas procedentes de diferentes partes do mundo que queren sorprender a un espectador que xa apostou o ano pasado por regresar ao circo e gozar do “espectáculo máis antigo do mundo”.

Logo de meses de traballo e a tan só unha horas de subir o pano, Xandre Vázquez non disimula os nervios propio dunha estrea deste calado. “Foron moitos meses de traballo, primeiro buscando e contactando con artistas que ofreceran números variados e posteriormente argallando unha historia que serva para fiar un número con outro. A iso hai que engadir un importante investimento económico, que poderá achegarse aos cen mil euros se sumamos a compra de material, aloxamento, vestiario, salarios…”.

Xandre Vázquez, produtor do espectáculo

En todo caso, confía nun espectáculo que xa o ano pasado contou co apoio do público –máis de 15.000 persoas pasaron pola carpa do Circo de Nadal- e que regresa completamente renovado. Explica Vázquez que “o que buscamos é sorprender aos noso público, con disciplinas tan variadas como clown a cargo da propia directora do espectáculo, straps, corda frouxa, aro aéreo, malabares con balón, lanzacoitelos… e outros números que proceden de países e lugares diversos”.

A historia busca ser unha homenaxe a panificadora de Vigo polo que se sitúa nunha fábrica de pan  que queda sen sal debido a que todo o produto é requisado polo goberno para facer fronte a unha nevarada inesperada. Nace así un relato teatralizado que serve de fío condutor para os diferentes número que se poderán ver na pista do Circo de Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará