Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de medio cento de relatos presentáronse ao concurso literario organizado pola biblioteca de Pazos

biblio pazos

O xurado elixirá este xoves o relato gañador de entre os 58 que se presentaron ao IV edición do certame de relato curto organizado pola Biblioteca de Pazos de Borbén co patrocinio da Deputación. Unha biblioteca que organiza o venres unha actuación de Tanxarina quen levarán ao concello a obra “As bombas e o xeneral”.

O certame literario, cuxo premio se dará a coñecer este xoves, ten como obxectivo de animar á creación literaria, fomentar a creatividade e potenciar a expresión e a comprensión escritas estimulando o uso da lingua galega entre os escolares e os mais mozos, particularmente no ámbito da narrativa/relato breve, facilitándolles unha motivación para facelo como é a de participar nun certame literario.

As actividades continuarán o venres ás 13:00 horas coa actuación do grupo de títeres Tanxarina que levarán ao concello o espectáculo “As bombas e o xeneral” no que recrean con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O Xeneral verá frustradas as súas intencións.

Un espectáculo de total actualidade para concienciar aos máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dun combate militar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará