Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Susto nunha vivenda de Reboreda tras prender lume nunha cociña

cociña ferro

Policía Local e axentes do Ges de Mos e Porriño acudiron na noite de onte a unha vivenda unifamiliar na Estrada de Pazos en Reboreda tras seren avisados polo 112 de que na casa saltara unha alarma por fume.

Unha vez no lugar atopáronse a propietaria do inmoble, unha muller de 84 anos de idade, quen explicou que marchara da cas deixando prendida a cociña de ferro e que, ao chegar, atopouse coa habitación chea de fume e un pequeno lume nunha porta anexa a cociña. Foi ela mesma a que se encargou de sufocar o incendio, que estaba xa apagado cando chegaron os axentes. Con todo, os membros do GES encargáronse de comprobar que non había perigo e de ventilar a casa para poder acceder a ela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará