Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asociacións de Soutomaior reciben 23.000 euros para mellorar as súas instalacións

souto xunta

A asociación de veciños San Benito de Romariz recibiu preto de 11.000 euros para acondicionar o local social, mentres que a comunidade de usuarios de augas de Barreiras e Cernadas contou con 12.000 euros para a ampliación do depósito regulador de auga potable. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron as obras realizadas ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria.

A asociación veciñal executou melloras no piso superior do seu local en Romariz, coa nivelación e colocación de plaqueta en todo o chan, a instalación de alumeado e enchufes, e a realización de remates nas paredes. Deste xeito, ampliouse o espazo habilitado para o desenvolvemento da súa actividade a prol da dinamización social e do intercambio entre a veciñanza.

Mellora do abastecemento en Cernadas

Pola súa banda, a comunidade de usuarios de augas de Barreiras e Cernadas investiu a axuda recibida na construción dun novo vaso pegado ao xa existente e dunha caseta de instalacións para funcionar como depósito regulador. Ademais instaláronse conexións de entrada e de saída, así como de regulación con sistema de rebose, e reinstaláronse o contador e a bomba de cloración para os dous vasos. A maiores, fíxose un labor de limpeza e de reparación de fendas no vaso existente, que provocaban perdas.

Como resultado das obras duplicouse a capacidade de almacenamento nas Cernadas, de xeito que se poden abastecer máis vivendas e facer un mellor aproveitamento do recurso. Cómpre sinalar que este colectivo xa se beneficiou en 2019 do apoio da Xunta, cunha achega de 11.500 euros para a impermeabilización da cuberta do depósito e a reparación de arquetas da rede de subministración.

Compromiso co asociacionismo local

A directora xeral destacou a boa acollida do Plan específico de acción comunitaria entre o asociacionismo local, que levou a Xunta a incrementar un 20% o orzamento este ano, ata os 3M€.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará