A zona de lecer na contorna do Meirande foi nesta ocasión a vítima duns actos de vandalismo que carecen de toda explicación. Os autores achegáronse ao lugar na madrugada do domingo e arrancaron e queimaron parte da varanda de madeira que a Asociación Deportiva e Cultural de Rande colocara hai tan só un ano. O seu presidente Pedro Otero insiste ademais en que “non foi obra duns rapaces porque a varanda está cimentada e ben asegurada”.
Uns elementos estragados que foran colocados en dúas quendas a cargo da propia Asociación que lamenta que se produzan este tipo de actos e lembra que “non é a primeira vez, noutra ocasión apareceu un banco tamén arrancado”.
Fan un chamamento a que calquera que teña algunha información ou vira algo sospeitoso no noite no que tiveron lugar estes actos de vandalismo que informe a asociación ou a policía para tentar dar co autor ou autores desta acción.
Nos vindeiros días farán unha valoración económica do custe que suporá reparar os elementos estragados.
