Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paxaretas homenaxea ás mulleres represaliadas polo franquismo

still_0_3_1360x765

O vindeiro venres 4 de novembro ás 20:00 a Asemblea Feminista Paxaretas organiza unha nova actividade na vila. O colectivo presentará o documental  “SACAR A LA LUZ, LA MEMORIA DE LAS RAPADAS” (de Lola Martín) coa a narración das memorias de mulleres que foron rapadas durante o franquismo. Esta violencia cara ás mulleres que sae á luz neste documental foi silenciada por ser considerada castigo menor quedando á marxe dos relatos oficiais da historia.

Antes da presentación do documental  farase unha pequena homenaxe ás mulleres da contorna que tamén foron represaliadas. E tras a proxección, darase paso a un pequeno debate para dar voz a tódalas persoas asistentes. Entrada de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará