Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrinca o servizo de coidado de menores: “Quédome con Simona”

WhatsApp Image 2022-11-03 at 13.16.46

O servizo totalmente gratuíto estará en marcha ata o 5 de xaneiro de 2023 de luns a venres, para favorecer o apoio á conciliación a vida familiar, laboral e persoal.                

O programa é unha novidade do Concello de Redondela e ten a finalidade de proporcionar un recurso socio comunitario de apoio ás familias, priorizando aquelas que estean en situación de desamparo. A alcaldesa, Digna Rivas,  explica o enfoque transversal e a intención deste iniciativa.

Un profesional especializado en ocio e tempo libre encargarase de atender as nenas e nenos, co engadido de entretelos a través de xogos eactividades lúdicas e educativas. A oferta está coordinada con Imaxina Educación e a axuda da Xunta de Galicia.  

Desenvolverase en horario de 16:00 a 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. O servizo poderá solicitarse polo tempo que sexa necesario, respectando o intervalo horario de prestación do mesmo, ata cubrir un máximo de 15 prazas.

 É importante recalcar que Para poder solicitar o servizo deberanse cumprir algunha das seguintes casuísticas: motivos laborais, participación en cursos de formación para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral, realización de entrevistas de traballo, situacións puntuais de emerxencia familiar, obrigación de acudir a citas de ámbito xudicial, psicolóxico, social, sanitario ou educativo ou participación en actividades de participación social. 

A inscrición realizarase no Centro de información á muller (CIM) do Concello de Redondela, Deben inscribirse ata 13 horas antes do uso do servizo a través do teléfono (986408043).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará