Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Camiño do Taverneiro pon a Pazos de Borbén no mapa das peregrinacións a Santiago

camiño

Os primeiros 90 peregrinos da nova ruta de peregrinación cara a Santiago de Compostela chegaron esta fin de semana a Pazos de Borbén, unha das etapas sinaladas nesta nova ruta procedente de Portugal. As etapas principais discorren polo interior da provincia de Pontevedra comezando en Salvaterra e continuando por Ponteareas, Pazos de Borbén, PonteCaldelas, Cotobade e A Estrada, a última escala antes de chegar a capital galega.

Esta variante ten as súas orixes na ruta medieval que os peregrinos realizaban desde a cidade de Braga e que moitos optaban por seguir al residir preto do seu percorrido e para evitar os perigos que durante moitas épocas supuña transitar por vías de costa pola posible presenza de piratas e contrabandistas.

“O camiño de Santiago é un impulso enorme para a hostalaría e a economía de todos os concellos polos que discorre, en calquera das súas variantes”, afirmou o alcalde, André Iglesias tras indicar que xa hai establecementos hostaleiros de Pazos de Borbén recoñecidos entre as recomendacións básicas desta ruta. “Se a afluencia é considerable estou seguro de que pronto xurdirán novos negocios no traxecto, quizá un albergue ou un cámping”, apuntou o alcalde.

A nova ruta toma o seu nome de Ignacio Taverneiro, un fiel peregrino de Santa Eulalia de Caldelas, que faleceu na Estrada o 20 de outubro de 1784 durante a súa viaxe de regreso tras gañar o Xubileu do Ano Santo. Un feito que foi recollido nas crónicas da época ao ser enterrado pola caridade ao ser pobre de solemnidade.

O Camiño de Taverneiro aínda non está recoñecido como unha ruta Xacobea oficial, pero conta coa base histórica que acredita o seu interese cultural. O proceso, segundo indican desde o Colectivo DeBragaaSantiago, impulsor do recoñecemento oficial desta nova ruta, levará tempo, pero xa está estudado e documentado desde hai moitos anos, “o que facilitará a acreditación e o asentamento definitivo da ruta”, indican os organizadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará