Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o recorte de profesorado no IES Mendiño de cara ao vindeiro curso

ies mendiño

A dirección do Mendiño enviou unha carta a Inspección educativa denunciando que a redución no número de profesores adxudicados a este centro, catro menos que no curso anterior, suporá unha diminución na calidade do servizo nun curso no que ademais aumenta o número de alumnos con necesidades especiais e que precisan unha atención máis personalizada. A ANPA do centro escolar convoca ás familias a unha reunión urxente que terá lugar este martes ás 21:00 horas no patio do instituto.

A dirección do IES Mendiño remitiu unha carta a inspección educativa explicando a situación do Instituto así como reclamando que se aumente o número de profesorado, xa que segundo explican reducir en catro o número de docentes suporá “facer descender a calidade do servizo prestado ao alumnado, ademais de non poder cubrir as súas demandas lexítimas, no marco da implantación dos novos currículos da LOMLOE”.

Denuncian que a Xunta está a establecer ratios e condicións de traballo dos tempos anteriores á pandemia, negando que aínda está presente e, sobre todo, negando os efectos desta pandemia sobre a poboación en xeral e sobre o alumnado en particular. Neste sentido poñen o acento no feito de que haberá clases con máis de 30 alumnos por aula, que aumenta o número de alumnos con necesidades específicas “debido ás características do alumnado procedente dos centros de EP adscritos”. Salientan tamén as “as necesidades crecentes do alumnado no tema de saúde mental. “Con estas ratios, por moito que sexan legais, a atención individualizada ao alumnado vese moi afectada, por non dicir que é practicamente imposible de realizar” salienta o director do centro, José Antonio Martínez. Apunta tamén que “nun tempo onde a atención individualizada é máis necesaria, reducen o profesorado dos centros, o que fai imposible desenvolver este traballo”.

Unhas preocupación que comparten na ANPA do centro, polo que convocan unha reunión urxente para esta tarde ás 21:00 horas no patio do Instituto. Na xuntanza abordaranse as consecuencias do recorte anunciado pola Consellería no número de docentes de cara ao curso 2022-2023, con catro docentes menos, e valorarase a adopción de diferentes medidas de protesta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará