Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As veteranas da SAR conseguen o bronce no torneo Paredes Hudball Cup

sarillas

A competición portuguesa  tivo lugar esta fin de semana e acolleu a equipos internacionais. O Paredes Hundball Cup é un dos encontros de verán máis importantes do balonmán. Durante tres días equipos españois, pero tamén alemán e suecos, puideron gozar de partidos amistosos e actividades para socializar e facer vínculos a través do deporte.

Redondela estivo representada polos equipos base do club SAR-Rodavigo, o equipo “As Choqueiras de Redondela” é as veteranas máis coñecidas como “Sarillas”.

As veteranas volveron a casa co trofeo de bronce, despois de 4 partidos disputados nos que destacan a vitoria esmagadora fronte ás portuguesas do CA Baltar, nun partido que gañaron cun resultado de 18 fronte a 3. A final do domingo estivo moi rifada, pero finalmente perderon contra o equipo Promov Rebordosa Andebol , tamén composto por deportistas do país anfitrión.

Esta é a primeira vez que chegan tan lonxe nun campionato deste nivel e por iso “séntense orgullosas de traer a co trofeo de bronce”, conta María del Mar Unha das porteiras do equipo. Despois de 10 anos adestrando xuntas, os resultados comezan a notarse.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará