Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A veciñanza organízase para reclamar unha sanidade pública de calidade

centro saúde redondela

Un grupo de veciños e veciñas reuníanse o pasado mércores de xeito espontáneo ante “o deterioro continuado da sanidade pública no noso concello”. Listas de agarda, consultas saturadas, baixas ou vacacións de facultativos que non son substituídos… unha situación que entenden estase a cronificar no tempo e que precisa dunha reacción dende a cidadanía para esixir aos políticos que actúen de cara a garantir unha atención de calidade.

O caso concreto de Noé Covelo, veciño de Redondela quen tras un accidente comprobou que a súa rehabilitación se ía atrasar varias semanas “porque o persoal estaba de vacacións” foi o punto de partida dunha iniciativa que busc,a en primeiro lugar, poñer en común as diferentes situacións que están a padecer os usuarios do centro de saúde.

Neste sentido porán a disposición da veciñanza un espazo (protesta pública sanidade Redondela) no que compartir os prexuizos que están a padecer a causa do deterioramento da sanidade “imos recompilar todos os casos que os veciños nos vaian facendo chegar a este respecto”.

Carlos Ferreiro

Outro dos pasos a dar será poñerse en contacto tanto con usuarios do centro de saúde de Chapela como doutras localidades que xa se están a mobilizar ante un empeoramento da atención que se está a padecer en moitos centros de saúde. Insisten en que a problemática é de carácter político que, entre outras cuestións, non substitúen ao persoal destes centros.

A medio prazo tamén está en mente do colectivo convocar unha gran mobilización en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará