Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe unha axuda da Deputación para continuar co proxecto de Toponimia

toponimia

A subvención de algo máis de 3300 euros permite ao Goberno local continuar co seu traballo de recuperación, difusión e divulgación da microtoponimia de Redondela. Entre as iniciativas enmarcadas neste proxecto atópase a posta en marcha dunha páxina web na que se recolle a toponimia dos barrios e parroquias do concello.

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela vén de conseguir unha axuda da Deputación de Pontevedra para continuar co proxecto de toponimia que viña desenvolvendo. Por segundo ano consecutivo, o Concello redondelán mantén a súa aposta pola recuperación, difusión e divulgación da microtoponimia como garantía de conservación pero tamén para a súa posta en valor como patrimonio inmaterial do pobo galego. Desta vez o SNL recibirá unha axuda polo importe de 3317,34€.

O obxectivo destas iniciativas, apuntan dende o goberno local, é favorecer a recuperación da microtoponimia do municipio para evitar que caia no esquecemento así como difundir e divulgar este patrimonio inmaterial a través de iniciativas como a web de toponimia (toponimia.redondela.gal), unha páxina que ten elementos diferenciadores con outras páxinas similares como é que cada microtopónimo vai acompañado da correspondente explicación sobre a orixe do mesmo.

Digna Rivas subliñou a importancia de recoller toda a toponimia “aínda viva na veciñanza ante o perigo inminente de perda” e nese sentido agradeceu “o apoio incondicional da Deputación de Pontevedra que, dende o comezo, prestou a este proxecto”.

O proxecto do Goberno redondelán trata de minguar a perda da riqueza do patrimonio inmaterial “que corre serio risco de desaparición coa morte de cada persoa maior”, asegura a alcaldesa redondelá quen lembrou que a toponimia “é un dos elementos do patrimonio inmaterial valorados pola UNESCO como de especial protección”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará