Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Coral Santiago Apostol celebra o seu 50 aniversario cun concerto na Casa da Torre

coral santiago apostol

A formación musical nacía hai medio século, aló polo ano 1972. Nestas cinco décadas foron moitos os que pasaron polas súas filas e hai incluso quen continúa dende os seus inicios. É o caso do seu director Celso Santos Lorenzo, quen se mantén ao mando dun grupo no que o único que lamenta “é a falta de voces novas, porque non hai renovación nin incorporación de xente nova”.

Unha Coral que nace por iniciativa do propio Celso quen no inicio da década dos setenta propúxose montar unha formación na que houbera voces masculinas e femininas “decateime de que era necesario facer unha coral mixta”. Nace así a Coral Santiago que neses primeiros anos contaba con preto de medio cento de integrantes, compoñentes que foron diminuíndo ata quedar nos vinte que son actualmente.

Celso Santos

Neste sentido lamenta Santos que non haxa renovación “algo que pasa en todas as corais polifónicas, que parecen non resultar atractivas para a xente máis nova”. Opinión que comparte  Mª Dolores Otero quen logo de trinta anos tamén na Coral lembra que “agás as formacións que xorden nos conservatorios, o resto non parecen atraer a novos membros”.

Os galardóns que recibiron ao longo desta andaina, como o primeiro premio no certame de Corais do García Barbón, son algúns dos momentos máis gratificantes nestes anos así como a convivencia que supón viaxar e facer concertos en toda Galicia.

Malia os momentos difíciles, como os pasados durante a pandemia nos que houbo que suspender tanto s actuacións como os ensaios, en ningún momento pensaron en tirar a toalla.

Manuel Míguez Alvarez

Música clásica, habaneras, temas populares forma un repertorio que se poderá escoitar este domingo ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre. Un concerto que servirá tamén para lembrar “aos que están e aos que non están, a todos os que fixeron posible que celebremos este 50 aniversario”.

Mª Dolores Otero
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará