Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR celebra as Xornadas de Conciliación de verán

29027285_719648828230136_6530081708165297898_n

Patry Rivas

O club redondelá de balonmán SAR prepara as Xornadas de Conciliación de Balonmán. Nenos e nenas entre 6 e 14 anos poderán gozar de actividades deportivas do 27 o 30 de xuño en distintas localizacións como o Pavillón da Marisma e a Praia de Cesantes.

A actividade está financiada pola Secretaría Xeral Para o Deporte, polo que será totalmente gratuíto. Estas xornadas comezarán ás 9:00 da mañá e rematarán a 13:00h da tarde, tempo no que as rapazas e os rapaces participarán en actividades lúdicas en pavillóns e ao aire libre. Ademais de ser días para a  conciliación tamén o son para a iniciación ao deporte, polo que é unha oportunidade de aumentar a canteira base do club.  

Para inscribirse podes chamar ao 647 57 07 88 ou ao 640 50 82 37. Tamén está a disposición do público o correo electrónico veranosar2022@gmail.com creado exclusivamente para este tipo de eventos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará