Hoxe é Mércores 6 de Xullo de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O amianto nos colexios de Redondela chega ao Parlamento

amianto

Está previsto que este xoves se debata no Parlamento Galego unha iniciativa presentada polo BNG na que instan á Xunta á retirada deste material dos centros educativos de Redondela, concretamente da Escola Infantil de Cesantes, do Colexio público de Cedeira e do IES pedro Floriani.

O grupo nacionalista recolle así unha demanda da propia Federación de Anpas e da comunidade educativa de cada un dos centros afectados e instan á Consellería de Educación a que proceda a acometer as obras necesarias para retirar este material potencialmente canceríxeno. Explica o parlamentario nacionalista, Manu Lourenzo, que diferentes organismo internacionais confirman que se trata “dun material altamente perigoso, principalmente naqueles centros nos que xa presenta un nivel de descomposición elevado polo tempo que leva instalado” polo que insiste “debe ser retirado de xeito inmediato”.

Unha actuación que, engade Lourenzo “nin sequera suporía un investimento económico importantes para a Consellería, depende sobre todo da vontade política do goberno galego para acometer as obras”.

Confían no BNG en obter unha resposta positiva a estas demandas, pero insisten “non dubidaremos en adoptar outras medidas na rúa, no Parlamento ou onde sexa necesario para defender os dereitos do alumnado e a comunidade educativa”.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará