Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marta Miguez fai historia na Danza das Espadas

IMG-20220610-WA0004

Despois de case medio século unha muller volve a un baile predominantemente masculino. Malia ser consciente da expectación que supón a súa participación, está ilusionada e con ganas de bailar cos seus compañeiros na Praza da Constitución o vindeiro 16 de xuño na inauguración da Festa da Coca.

A Danza das Espadas é unha tradición que sempre estivo dominada por homes. De feito, fai 44  anos que ningunha moza sae a bailar o día da inauguración da Festa da Coca. Marta decidiu que era o momento de probar, xa que despois de facer baile galego durante anos considera que ten a resistencia e a coordinación necesarias para as acrobacias que se fan na danza.

A súa acollida foi moi familiar e aclara que está encantada de participar, xa que os seus compañeiros fixerona sentir como na casa. A pesar da repercusión que pode chegar a ter a súa participación, ten claro que “hai que tratar o tema con normalidade e que a tradición non se ten que resentir por novidades como estas”.

“Síntome como en casa”, conta Marta.

A nova danzante ten 18 anos e considera que o baile non é difícil pero que esixe un esforzo físico elevado no que a dedicación e a disciplina son claves para dominalo. Ao principio da tempada practicase unha vez por semana, pero cando se achegan as datas sinaladas, chegan a practicar ata 3 veces para lograr unha boa coordinación cos compañeiros.

“Hai que ter moita coordinación nos pes”, explica a danzante.

Respecto a vestimenta explica que o traxe pode considerarse unisex polo que non fixo falta ningunha adaptación do traxe tradicional. O material o proporciona o Concello de Redondela, concretamente as espadas levan moitos anos usándose e xa forman parte da historia da vila. Marta conta que “as espadas aínda que parezan un adorno poden facer dano se non se usan ben”.

“Vou bailar co vestuario tradicional”, relata Marta.

Dende o primeiro día tanto o mestre como os compañeiros fixeron que se sentira cómoda polo que agradece o compañeirismo mostrado por parte de todos. Anima ás rapazas de Redondela a participar e involucrarse para que creza e avance unha das tradicións máis importantes da vila.

”Estou moi contenta e agradecida cos compañeiros”, conta a danzante.

O seu debut será o día 16 de xuño na Praza da Constitución onde a partir da 13h  terá lugar o baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas con motivo da Festa da Coca de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará