Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela sóbese á pasarela

olga cuervo

O pazo de Santa Teresa acolle esta fin de semana a primeira edición dun evento que nace da man dun grupo de comerciantes que buscan así “sacar as tendas á rúa” e promocionar o comercio local. Baixo o nome de Primavento, os trescentos asistentes, que esgotaron as entradas en cuestión de días, poderán ver ademais corpos reais sobre a pasarela porque  “as e os modelos son todos clientes das propias tendas participantes”.

Desfile con música en directo, barra de bar, venta de produtos… un evento multidisciplinar organizado por diferentes comercios de Redondela que buscan así “sacar a tenda a rúa” e amosar os seus produtos dun xeito diferente. Xa antes de se celebrar o evento é todo un éxito, tendo en conta que as entradas están esgotadas dende hai días malia que a cita non será ata este domingo, tal e cmo nos explicaba dende La Nube a súa propietaria, Olga Cuervo.

Ademais de comercios de Redondela de moda, calzado, estética, perruquerías ou incluso a colaboración de Zapataría Candi participarán tamén tendas doutras localidades como Arcade, Porriño e Ponteareas “confiamos en que estas colaboracións servan tamén apra atraer clientela doutros concellos que se animen a coñecer o que ofrece o comercio local de Redondela, onde podemos atopar de todo, sen necesidade de desprazarnos a Vigo ou a grandes centros comerciais”.

Nesta edición, que confía en ser tan só a primeira doutras moitas, participan entre outros as perruquerías Begoña Villaverde e Carmen, os centros de estéticas Trisquel e Aisa, As floristerías Flores A&M ou a tenda de interiorismo Regina. Entre as tendas de roupa de Redondela atopamos KCruz ou La Nube e as propostas de moda infantil chegan dende ElRincón de Patria e Mandamamá. Unha iniciativa que nace con vocación de continuidade e xa teñen en mente organizan de cara ao futuro organizar un  desfile por tempada.

En total 21 comercios que se unen para amosar que o comercio local está moi vivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará