Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O parque do Piñeiral acolle o contacontos familiar «Contos arredor do lume»

alba grande

Unha actividade organizada pola Biblioteca municipal Xela Arias aberta a todo o público que queira achegarse e que se vai desenvolver este venres día 10 ás 19:00 horas.

Contos arredor do lume quere “aproveitar o bo tempo do verán para gozar da literatura oral nun fermoso miradoiro natural” da man da narradora Alba Grande que achegará contos de tradicións populares que falarán de lumes grandes e pequenos, de fragas e paxaros e de cobras e mulleres. Contos que tamén falan de igualdade, de coraxe e solidariedade, así como da chama interna que precisamos para andar o noso camiño. Contos que son, ademais, un fermoso alegato sobre o coidado da natureza.

Mª Elena becerra fálanos do Contacontos de hoxe venres

A asistencia a actividade –incluída dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, e cofinanciado polo Concello de Redondela–, é totalmente de balde e non precisa inscrición previa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará