Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

TMKiteClub de Cesantes triunfa no Campionato Galego de Kite Surf

286313945_419725820161091_1074412796633581360_n

Este é o primeiro ano que o TMKiteClub e o Concello de Redondela organizan o Campionato Galego de Kitesurf. Celebrouse esta fin de semana na enseada de San Simón cun total de seis probas completadas e máis dunha trintena de participantes rexistrados. Os riders do club de Cesantes quedaron de primeiros nas categorías de Foil, Twintip e Surf.

Cada unha destas categorías de kitesurf require de distintas habilidades tanto físicas como técnicas e isto é o que fai deste deporte uno dos máis versátiles que existen. O Foil, o Twintip e o Surf se diferencia tamén polos materiais, xa que cada clase precisa dunha cometa e unha táboa diferentes.

Na clase Foil, Xusto Fernández (TMKiteClub) consegui un fin de semana perfecto con seis vitorias parciais nas seis probas completadas. En Twintip, pola súa banda, a competición estivo máis apretada e todo se decidu na última proba á que chegaron 3 riders. Iván Carballo foi quen levou a vitoria definitiva. Na división feminina de Twintip, Fátima Betegón é a nova campioa galega e na clase Surf, o deportista de Redondela Lucas Muller foi o mellor da súa categoría.

O domingo, unha vez finalizada a competición, tivo lugar a entrega de trofeos nas instalacións do TMKiteClub coa presenza de Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela; José Cruz de Padthaiwok; Nacho González, concelleiro de deportes do Concello de Redondela, e Tato González, presidente do TMKiteClub.

A próxima cita de Kite Surf na praia de Cesantes será o 16 e 17 de xullo coa celebración do KiteFest Cesantes Trofeo Xacobeo.

PODIO FINAL:
Clase Foil
1. Justo Fernández (TMKiteClub), 5 puntos
2. Mario Martínez (TMKiteClub), 11 puntos
3. Javier Ozores (RCN Coruña), 15 puntos
Clase Twintip
1. Iván Carballo (TMKiteClub), 7 puntos
2. Patxi Fernández (TMKiteClub), 10 puntos
3. Álvaro Visier (TMKiteClub), 15 puntos
Clase Twintip Femenino
1. Fátima Betegón, 31 puntos
2. Bibiana Táboas (TMKiteClub), 51 puntos
3. Vera Vázquez (TMKiteClub), 79 puntos
Clase Surf
1. Lucas Muller (TMKiteClub), 5 puntos
2. César Conde (Papaventos Kite Club), 13 puntos
3. Aurea Carballo (TMKiteClub), 19 puntos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará