Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As canarias de Puerto del Carmen gañan o campionato do Sector Nacional Infantil organizado pola SAR

ac01adf1-233f-4f6f-b9ed-30f8035653d1

Este ano o Club SAR Rodavigo foi o patrocinador oficial do Sector Nacional Infantil Feminino de balonmán. Do 2 ao 5 de xuño máis de 100 rapazas de todo o país competiron no Pavillón da Bomboneira para gañar un posto no Campionato de España.

O conxunto redondelán enfrontouse a 4 equipos de diferentes comunidades, entre os que se atopan o equipo vasco Kukullaga Etxebarri, o asturiano Villanueva Siero “A” , o  valisoletano Hand Vall Valladolid e o canario Piñosa Pto del Carmen.

O xoves disputouse o primeiro partido onde se enfrontaron SAR Rodavigo e Kukullaga Etxebarri. A pesar do esforzo das xogadoras da casa, o partido rematou cun resultado 24-25, a favor do Kukullaga.

Despois desta derrota tiveron a oportunidade de enfrontarse o sábado a Piñosa Puerto del Carmen. O partido foi intenso e o equipo SAR-Rodavigo volveu a demostrar a súa valía, pero finalmente perderon cun resultado 18-25.

Á final do domingo conseguiron chegar os equipo Villanueva Siero “A” e Piñosa Pto del Carmen, saíndo vitoriosas as canarias.

Ademais dos partidos disputados na Bomboneira, a directiva da SAR organizou unha visita a Illa de San Simón onde as xogadoras puideron estreitar lazos de amizade e gozar dun dos lugares máis emblemáticos de Redondela.

O presidente do club, Aurelio Krook, agradece a participación de todos os equipos e felicita as xogadoras e técnicos pola deportividade e o gran nivel demostrado na pista. A competición organizada na vila foi un éxito no que todas as participantes quedaron satisfeitas.

Resultados do Sector Nacional Infantil Feminino:

1°Clasificado Puerto del Carmen de Lanzarote

2° Siero de Asturias

3° Kukullaga de Euskadi

4° Hand Bal Valladolid

5° SAR Rodavigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará