Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha veciña de Chapela reclama “un acceso digno” para acceder a súa vivenda

camiño correola

Logo de anos de xestións e demandas Carmen Reboreda, veciña do barrio da Pousadoura en Chapela asegura sentirse “desesperada” ante a falta de resposta das autoridades a súa reclamación: un acceso que lle permita acceder a súa vivenda sen dificultades. Actualmente a única saída axeitado é un camiño privado, tal e como así o estableceron os tribunais, e que non se atoparía no inventario municipal polo que o concello non tería potestade.

Carmen asegura sentirse desesperada porque co paso dos anos cada vez lle resulta máis difícil acceder a súa vivenda. A día de hoxe depende do seu fillo para que lle achegue a compra do supermercado ou calquera outro produto que necesite xa que ata o seu domicilia non chega nin o butaneiro nin tampouco o reparto dos supermercados. O acceso é moi escarpado, estreito e atópase en mal estado polo que xa sufriu algunha caída.

Teme tamén que se produza algún incendio ou calquera outras situacións “xa que tampouco poden acceder os servizos de emerxencias”.

Denuncia o illamento que padece na súa propia casa e lamenta que “dende o concello non me dean ningunha solución porque eu pago as meus impostos como todos os veciños” conclúe Carmen.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará