Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as obras de rehabilitación integral do edificio do antigo conservatorio de Redondela

antigo conservatorio

As obras buscan acondicionar o espazo no que se van albergar as Oficinas de Turismo. Na planta baixa está previsto habilitar unhazona de usos múltiples para desenvolver actividades e eventos. Tamén se manterán neste inmoble os servizos de Cultura e Normalización Lingüística.

O Concello de Redondela vén de iniciar as obras de rehabilitación integral do edificio do antigo conservatorio, situado na rúa Isidoro Queimaliños, traballos que teñen un prazo de execución aproximado de 6 meses e se inclúen nas liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do patrimonio histórico e cultural e a creación de novos espazos culturais.

As obras afectarán tanto ao interior como exterior do inmoble. No exterior, amais de rehabilitar as fachadas, mellorarase a cuberta e a carpintería. No que ao interior se refire, redistribuiranse os espazos para dar cabida aos servizos que albergará e adaptarase todo o inmoble á normativa vixente de accesibilidade e seguridade.

Unha vez rematadas as obras, o inmoble acollería, no primeiro andar as Oficinas de Turismo mentres que na planta baixa habilitaríase un espazo de usos múltiples para desenvolver actividades e eventos co fin de poñer en valor o acervo cultural do municipio. A maiores, tamén quedarían situadas no inmoble os servizos de Cultura e Normalización Lingüística.

Cómpre salientar que pola rúa Isidoro Queimaliños, onde se atopa o edificio, discorre o Camiño de Santiago e que, o turismo de peregrinos supón, no caso de Redondela, preto do 90 % do fluxo turístico do municipio.

Para a alcaldesa Digna Rivas, a rehabilitación non afecta soamente á estrutura e distribución do inmoble “senón tamén á función á que estaba destinado, polo que á reforma e mellora exterior, engádese unha reestruturación de espazos interiores para facelo operativo, dinámico e, ao mesmo tempo, máis accesible e seguro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará