Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela promove a inclusión reservando a limpeza de praias a empresas de Iniciativa Social e Inserción

playa censates

O goberno local subliña a importancia desta iniciativa “que se desenvolve por primeira vez en Redondela” que busca reforzar a participación no mundo laboral “das persoas con discapacidade e dos colectivos que máis dificultades teñen para acceder a un posto de traballo”. As empresas interesadas terán de prazo ata o 9 de xuño para presentar as súas ofertas.

O Concello de Redondela vén de abrir o proceso de licitación para a concesión do contrato de servizo de limpeza das praias do municipio durante a tempada de verán 2022. O proceso está reservado a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e Empresas de Inserción nun intento “de contribuír activamente ás políticas de contratación pública inclusiva”, segundo explica a alcaldesa Digna Rivas.

A iniciativa, encamiñada á prestación do servizo de limpeza dos areais e espazos adxacentes durante a tempada de verán busca “reforzar a participación no mundo laboral das persoas con discapacidade e dos colectivos que máis dificultades teñen para acceder a un posto de traballo”.

Que a reserva quede cinguida aos Centros Especiais de Emprego de iniciativa social e ás empresas de inserción busca “permite colaborar con estas entidades que, en condicións normais de competencia, poderían ter dificultades para obter contratos” co que reforza a axuda, afirma a alcaldesa “que este Goberno presta aos colectivos máis desprotexidos”.

Conclúe a alcaldesa insistindo en que “a inclusión e a integración das persoas e colectivos máis vulnerables ten que facerse a través de iniciativas que, como esta, lles permitan integrarse no mundo laboral, reforzar a súa estima e, ao mesmo tempo, desenvolver un traballo do que se beneficia á cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará