Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse xigantes e cabezudos

gigantes

O Concello de Redondela mantén aberto o prazo para que as persoas interesadas en participar como xigantes ou cabezudos nas Festas da Coca 2022 poidan presentar a súa solicitude. O prazo remata o vindeiro 2 de xuño.

As persoas interesadas deberán ser maiores de 16 anos e estar empadroadas en Redondela e deberán presentar a súa solicitude nos Rexistros de Entrada do Concello de Redondela indicando a modalidade na que se quere participar: xigantes, cabezudos ou mordomo.

Para xigantes haberá dúas prazas dispoñibles e, neste caso concreto, as persoas solicitantes deberán pasar unha proba previa para verificar a súa capacidade. No caso dos cabezudos hai 20 prazas dispoñibles e, finalmente, como mordomo/a, haberá unha soa praza.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, terá lugar o sorteo público para decidir as e os participantes, sorteo que terá lugar o día 3 de xuño ás 20 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará