Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O IES Illa de San Simón gaña a Olimpíada Matemática Galega

illa san simón

Carla Acosta, Elía Crespo, Ramiro Armesto (profesor de matemáticas) e David Lago

David Lago conseguiu o primeiro posto nesta proba e competirá por ser o mellor alumno de matemáticas de España. O premio á beleza matemática conseguiuno Elía Crespo, tamén alumna do IES Illa de San Simón. A fase española celebrarase en Cuenca e Albacete a finais de xuño.

O Illa de San Simón acudía a Fase Final da Olimpíada Matemática Galega 2022 celebrada en Lugo o pasado 26 de maio con tres representantes, sendo o centro de Galicia no que máis alumnado conseguiu superar a primeira fase. En total clasificáronse para esta fase final 40 alumnos de diferentes centros de toda Galicia.

A realización das probas, que consistiron na resolución de cinco problemas relativos a diferentes áreas do coñecemento matemático, deixaron como gañador a David Lago, que conseguiu o primeiro posto na Olimpíada Matemática Galega, o que o converte no mellor alumno de matemáticas de 2º de ESO de Galicia. Xunto co segundo e o terceiro clasificados, participará na fase estatal para converterse no mellor alumno de matemáticas de España que terá lugar a finais de xuño en Cuenca e Albacete.

Ademais, o IES Illa de San Simón acadou outro importante premio: o Premio á Beleza Matemática pola brillantez na resolución dun problema de xeometría. Elía Crespo, gañadora deste galardón, foi a alumna que mellor desenvolveu as súas destrezas para resolvelo.

Este fito pon de manifesto o gran traballo que se está a desenvolver no centro educativo, e particularmente a implicación do profesorado do departamento de matemáticas na preparación destas probas. Explican que é unha constante dende hai anos elaborar actividades relacionadas coa competencia matemática e científica que afondan nunhas matemáticas máis reflexivas e creativas, tales coma o Club de Ciencias, o “problema matemático do mes” ou a semana do “Galimates”. Todos estes proxectos incrementan a curiosidade polas matemáticas dende un enfoque práctico, e fomentan o descubrimento, o razoamento espacial, a lóxica e a posta en práctica dos coñecementos adquiridos nas distintas materias cursadas, dándolle un enfoque interdisciplinar. Así, a participación nas mesmas é masiva en todas as edicións, o alumnado preocúpase cada vez máis de facer indagacións e foméntase a súa capacidade de aprender a aprender.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará