Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE continuará negociando os orzamentos

rivas

Malia o varapau que supuxo a negativa do pleno a aprobar os orzamentos ao votar en contra PP e BNG, o goberno local insiste en que continuarán traballando de cara a lograr o apoio dos nacionalistas. Entende a alcaldesa, Digna Rivas que a negativa do BNG responde a un tema puntual referido á pista de atletismo pero que xa están a traballa de cara a “lograr un proxecto máis ambicioso que beneficie a toda a cidadanía”.

Os orzamentos, que foron rexeitados polo pleno ao contar tan só co apoio de PSOE e AER, buscaban “prestar especial atención ás persoas que precisan da axuda pública para poder seguir desenvolvendo a súa vida de xeito digno trala crise da Covid”. Culpabiliza a alcaldesa ao PP de “por en perigo o benestar de moitas familias e impedir a potenciación de servizos como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que “pasaban dos 550.000 euros do orzamento do PP do 2018 aos máis de 1 300 000 euros que destinamos neste 2022”.

Rivas cualificou de “absolutamente irresponsable” a postura do PP redondelán que impediu a aprobación “dos maiores orzamentos da historia de Redondela” co único obxectivo de “desgastar a este Goberno”.

Menos belixerante é Rivas en canto ao voto en contra do BNG poñendo en valor “o traballo realizado polos nacionalistas con reunións case que semanais de cara a trate de chegar a un acordo”.

A alcaldesa subliñou que, o voto en contra do BNG, foi debido a un tema puntual referido á construción da pista de atletismo . A última proposta nacionalista, explica Digna Rivas, “presentóusenos tan so 24 horas antes do Pleno, cando xa non había capacidade de manobra”.

Rivas matizou o Goberno é plenamente coincidente co BNG na consecución “dun proxecto máis ambicioso para as instalacións de atletismo e nesa liña estamos e seguiremos traballando conxuntamente” pero, explicaba, “levouse a pleno o actual proxecto que busca dar unha resposta máis inmediata ás necesidades dos deportistas locais”.

“Hai outro proxecto máis ambicioso –insiste a alcaldesa– ao que non renunciamos en absoluto e é nesa liña na que estamos a traballar co BNG de cara a chegar a un entendemento e acadar un acordo que beneficie ao conxunto da cidadanía”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará