Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas leva a pleno os orzamentos agradecendo a “boa predisposición” de AER e BNG

concello

O goberno local confía en aprobar os seus primeiros orzamentos do mandato, para o cal precisará na votación do pleno do xoves o apoio de AER e BNG. Unhas contas que ascenden a máis de 20 millóns de euros e que segundo a concelleira de Facenda, María Castro, son “realistas e equilibradas” e “non recollen subas de impostos”. Entre as actuacións máis salientables recollen os dous millóns de euros que se investirán na Praza de Ponteareas en execución, a rehabilitación do antigo conservatorio, a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres para a creación dun museo ou a pista de atletismo do San Simón.

O Goberno redondelán buscará este vindeiro xoves a aprobación no Pleno dos Orzamentos do 2022, unhas contas que ascenden a máis de 20 millóns de euros (20 173 441,06 €) e cuxo capítulo de gastos e ingresos ascende a un total de 2. 173. 441,06 euros “o que supón un aumento de case un millón de euros con respecto ao último orzamento aprobado no ano 2018”. As contas, subliña Digna Rivas, “teñen débeda 0, carecen de endebedamento bancario o que amosa claramente o importante esforzo realizado durante estes dous anos para sanear as contas municipais, polo que non se contemplan neste orzamento nin gastos financeiros, nin cotas de amortización por préstamos”.

As contas municipais, que non recollen subidas de impostos, contemplan un notable incremento na partida destinada a gastos correntes en bens e servizos que aumenta en máis de 1 400 000 euros o que supón ademais un aumento na area de gasto de actuacións e protección social de case 700 000 euros. Neste sentido apuntan a alcaldesa que os fondos destinados para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) “pasa dos 550.000 euros do orzamento conservador do 2018 aos máis de 1 300 000 euros que destinamos neste 2022”. Increméntanse así mesmo os fondos destinados ás persoas maiores coa creación dunha nova partida dirixida a adquisición de axudas técnicas.

Na mesma liña, o Orzamento 2022 recolle un importante incremento nas axudas para comedores escolares que pasan dos 30 000 euros aos 40 000 euros e crea unha partida para axuda á natalidade.

Asi mesmo destinan 93 000 euros a teleasistencia e programas e actividades dirixidas ás persoas maiores, ao igual que se incrementa en 86 000 euros o apartado dedicado a Igualdade no que se inclúen iniciativas como a redacción dos Plans de Igualdade ou a creación dos Premios Sesé Mateo.

Obras

A alcaldesa cualifica de “moi importantes” os gastos de inversión que supera os 2 millóns de euros e que incorporan as achegas necesarias para as obras do programa Redondela 2020, con obras como a da Praza de Ponteareas –xa en execución–, a rehabilitación do antigo conservatorio, de inicio inminente, e outras pendentes de comezar como o skatepark en Chapela ou a rehabilitación do edificio das antigas vivendas dos mestres para a creación dun museo.

Outras obras que se recollen no orzamento son a construción dunha pista de atletismo para a que se destina unha partida específica de 170 000 euros e que da resposta as necesidades manifestadas, dende hai anos, tanto pola Asociación Deportiva CAR coma pola veciñanza de Redondela.

No capítulo de subvención municipais, créanse novas liñas de axuda para as Comunidades de Augas, adquisición de material informático para o alumnado, así como medidas enfocadas para impulsar e mellorar a competitividade do comercio local.

A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu a boa predisposición de AER e BNG “cos que mantivemos reunións case que semanais” de cara a poder aprobar uns “orzamentos de consenso” e nos que se recollen achegas realizadas por ámbolos dous grupos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará